Cristaliños en cachiños Cristais incrustadiños No bazo, corazón e fígado Cristaliños machacados Despois de morder con raiba Cristais cuspidos pola boca Cristaliños sangran beiciños Manchan así os meus bicos Pola sangre de cristais Que entorpecen as visións Con reflexos de espexismos Con niveles de optimismo Ao poñer lentes sen cristais. Pequeniños cristaliños Incrustados nos meus pés Silbando o meu estómago Cortando a miña leite Cristaliños en cachiños De vidrieiras relixiosas Con moitas cores e texturas Que traslucen as miradas Que deixan pasar os raios Tronos e centellas Parten o cristal Non da virxen do mesmo Senón da virxen do rosal Río de sangue que reflexa A inquedanza das esperas Das esperas de ventás Rebozadas con cristal Con primaveras ás veces Outras, arañando as ansias Nos espellos limpo-rotos Vaporizados de humidade Embalsamados en opiáceos Regalados en almacéns... O cortante do cristal. Continuo desfile
Prolongación audiovisualolfativa
De vivir como ordean e mandan
Os cánones e boas costumes
Dictadas, radiadas ou televisadas
Polos ases da pro-incultura social.
Din que a inspiración non existe.
Son os pirómanos da literatura.
Hoxe expiro varios aires
Eurofaxia!.
Estou un pouco-(ins)-pirado
Contradicción pirómana.
Os libros non teñen níquel?
Alerxia literaria
Euroalerxia?.
Inspiro, expiro, inspiro, expiro.
Tos, tos, tos, tos, tos.
Cof, cof, cofradía de conspiradores
Euroditos de tres céntimos.
A Augardente clandestina
Sabe mellor con herbas.
ESKORBUTO (por eles, para ela)
Teño tendinite no cerebro
Auga-ras na gorxa
Proe-proe na man esquerda
Unha pústula pustuleante
Un insecto nun ollo
O estófago dun animal mitolóxico
Sensible dentadura
Curvatura de lombo enchepado
Barriga-vibratoria-bolsa-de-auga
Nicotina no pelo
Alquitrán nos beizos
Unha língua cortada e con vexigas
Ademáis de inventarme tumores
A miña fronte vai por diante de min.
E dis que son de peluche
Pero non me anunciaron para estes reis.
A pesar de todo ti séguesme a querer
Miña raiña.

No pabellón psiquiátrico as cabezas pesan
Os ollos están moi despertos ou moi dormidos
Tremen as mans dalgúns e as almas doutros
Os paseos hacia nengures son interminables
E se mira para a ventá ansiando contaminación
Xa que todo está impregnado de desinfección
Tamén de babas, soños, pastillas, risas e chantos.
Están alí esperando por un cigarro
Están alí esperando se cambiará algo.
Placebos de xogos, placebos de charlas
Placebos supostamente medicinais, comida a esgalla
Para apaciguar as ansias dos cerebros dominados pola química
Setenta e un mil teorías sobre os universos
Consellos familiares ou ás familias (quen as tén)
Ingresos e fuxidas, hacia o pabellón máis grande,
Tormentos, pesadelos, correas e coellos
Televisión con excipientes en doses de 1000 milinoxos.
Reunións de bata-brancas moi progresistas e moi almorzados
Dados de volta, escapando hacia fora.
Terminoloxías hereditarias e xenética de morro.
Institucións públicas e privadas de auga fría
Do novo milenio, de vellas mentiras.
Campos de fútbol, campos de batalla
Barrios de pobres, pobres barridos
Campos de refuxiados, bombas nos refuxios
Estanterías plagadas de libros
Neveiras cheas de comida
Diñeiro saúdable de por vida
Herdanzas de outros tempos, de todos os tempos.
Non pasean polo barrio, levitan nas alturas
Da fanfarronería progresista de avance europeo
Globalizando a loucura
Contrastando con excitación e represión á par
Desemprego, traballo-lixo, instigando á competencia
Por tres céntimos de fel e gol
Pechando e abrindo xaulas, colmenas e reservas.
A demencia sabedes ben onde está...

lobos e cordeiros corren sementando medo
cordeiros e lobos corren amedrentando semente
e os cordeiros transfórmanse en lobos
e os lobos transfórmanse en cordeiros.
hai lobos con pel de cordeiro
hai cordeiros con pel de lobo
e hai lobos de clase a
e hai lobos de clase b
e hai lobos de clase c
cecilia é cordeira de clase a
como hai cordeiros beee
e cordeiros c
cabróns e lobeznos
cordeiriños e razas de lobo superior
con colmiños afilados
sen lá
como hai cordeiros e ovellas negras
e pastores
belgas e alemáns
con boina ou sen ela
pero todos con chaleco de tahur
adestrando o medo e a semente
a lobos e cordeiros
a cordeiros e lobos.
grandes rebaños de lobos
grandes manadas de cordeiros.
teño catro cartas
dunha baralla
usada
mil veces tirada
adrede
correxiu con typex
o fallo nº13
logo cambiou á nena
o cueiro sudoroso
de sangue de tabaco
pegou con coidado o apósito
sobre o pezón esquerdo
tiña o corazón danado
polo mordisco propinado.
arañaba a bombilla
como querendo ganar a lus
que se lle negaba
debido aos apagóns
pola tormenta desquiciante.
o arco da vella enmarcándote
a chuvia e o sol mesclan o replandor
da túa cara da que cae unha bágoa
baixando pola sonrrosada meixela,
polo blanco pescozo,
polo peito florido, magnífico ventre,
e así dirísexe a través do muslo
hacia o dedo pequeniño do teu pé esquerdo
xusto onde estaba acariciándote.
na miña xema o elixir embriagador,
formamos o cuadro enamorado
cando introduzo o dedo mollado na miña boca.
eu presenciei o meu desmembramento:
enfermeiro con serra mecánica
procedía a “operarme”
despois pegarme con lotite
as pernas e os brazos;
e estiven durante meses
adaptándome ao meu corpo,
ás miñas babas.
qué fácil é chover!!.
e tocáronme de novo
e de novo bucéei
entre mareas de lúa pálida
acomplexado pero á inversa
poesía dun enfermo.
e certo, hoxe estás preciosa
como unha rosa nun xardín de tumbas
como unha pirauga nun mar en ebulición
e ademáis plateada e enigmática.
é certo, hoxe voaría contigo ao infinito,
ao máxico ao envolvente, ao plácido
e xogaría polas túas uñas comidas polo vento
xogaría co teu pelo recollido con pinzas negras.
é certo, hoxe as ilusións esvaecen e xa
non penso coma antes e aínda que estás preciosa
e ademáis plateada e enigmática, non podo tocarte.
Hai un ventanuco entre o adobe e a madeira.
Rehabilitemos o faiado.
Hai un ventanuco no ceo
Entre nubes simpson
Pasan raios de sol-lus
Que subvencionan a fondo perdido
Un primeiro plano-fixo da túa cara
Con legañas de bós días
Con sorrisos de bós días
Con meixelas recheas de pómulos
Que vislumbran os bós días
No faiado adobado de especias variadas
En forma de bicos con auga de nubes
Por onde deambulo estes bós días.
> Hola, ya os había escrito por el tema de enviar colaboraciones. Pues os
mando las primeras, a ver si os gustan y si las podeis incluir en
poesiasalvaje. Son varias imágenes y varios poemas que podeis maquetar
como os venga en gana o como os sea más sencillo. Saludos y todas esas
cosas. minus-bálido. (los poemas van en galego).
de Minus-Balido
a 13 de Agosto 02